Eleccións Xerais 9-M kas - Pontevedra - 09/03/2008 11:38:37
Contador de visitas (solo registrados)
Imaxe: El Roto - EL PAÍS - 05-03-2008
Agora mesmiño veño de exercer o meu dereito a voto. En España, a democracia é pouco máis ca iso: un reconto de votos. Mais, bueno, xa é moito máis do que noutros países do mundo. Algo é algo.
Quen gañará? Sempre os políticos e nunca o pobo, para variar. Tíñao ben clariño hai catro anos: o obxectivo era cargarse ao Partido Popular como fose; e como Zapatero dixera que só constituiría Goberno tendo máis votos có PP, vinme na obriga de votar polo PSOE (normalmente, tería votado ao BNG simplemente por ser o único partido galego con representación no Congreso pero, bueno, o primeiro é o primeiro). E, dous anos despois, nas autonómicas, deille o meu voto ao BNG porque as enquisas presaxiaban que acadaría menos votos que PP e PSOE, e así pretendía contribuír a que a cousa se equilibrase o máis posible. Daquela, tanto nas xerais coma nas autonómicas, deime por satisfeito coa renovación dos gobernos central e, sobre todo, galego.
Este ano, tres cuartos do mesmo (inda que infinitamente máis desencantado co espectáculo político español): que non gañe o PP; a ver se desta nos quitamos de diante a Rajoy, Acebes e mais Zaplana e compaña: veleno puro (ollo, Pepiño Blanco e outro de bigotes do PSOE --voceiro de non sei o que-- están á súa mesma altura: semella que lles pagan por burrada dita). Teño entendido que inda os hai peores no partido; non sei. Pero a estes tres xa lles chegou ben, digo eu. Este é, precisamente, un dos problemas de que as listas do Congreso sexan pechadas e non abertas, como debera ser. Canto o PSOE, bueno, pouco que dicir deles que non diga tamén do PP, pois xuntos forman o que poderiamos chamar unha "oligarquía de partidos" que xa me ten máis que aborrecido. O exemplo máis claro foi aquela pantomima que insistiron en chamar debate. Non sei vós, pero eu non os vin debater en ningún momento: cada un disfrazou a realidade o mellor que puido e segundo o que levaba escrito no guión e, ale, pó carallo. Iso é debater? Ha! Les Luthiers tiñan unha palabra para este fenómeno: "monólogo + monólogo = Biólogo" (canto menos, semella máis apropiado que 'debate' ou que?). Iso, por unha banda e, pola outra, ¿onde estaban os demais partidos? ¿Acaso non terían nada que dicir? Malpocados... Vaia exemplo o que dades ao voso país! En fin... Para que logo se gaben dicindo que España é unha democracia "madura". Si, si... ou máis! xD
E que dicir do BNG? Pois que en Pontevedra están demostrando ser unha panda de incompetentes (haberá quen pense que niso non se diferencia moito doutros partidos...), coa chapuceira xestión que están a facer co asunto do realoxamento das familias xitanas do Vao. Segundo as últimas novas que manexo, das catro familias que pretendían aloxar en Monte Porreiro, unha volveu ao Vao e as outras tres están nun hotel, supoño que ata que pasen as eleccións, claro. Por iso, na miña opinión, os do BNG tamén deberan ser castigados, canto menos, nos concellos de Pontevedra e Poio.
Así as cousas, descartados PP, PSOE e BNG, a miña opción era votar en branco. Pero como isto beneficiaría aos dous grandes partidos, tampouco me presta (cantos máis votos en branco, maior será a porcentaxe requirida para poder ter un escano, segundo teño entendido). Por iso e porque tampouco é que me dea igual que gañe o PP ou o PSOE. Así que, por se acaso, decidín votar por Esquerda Unida no Congreso, por se fai falla o meu voto para que non gañen os populares, e polo BNG no Senado, por aquilo de que vén sendo unha cámara de representación territorial e iso pero, bueno, que non creo que saque ningún senador. Esta noite veremos o que pasa.
E acabo deixando no aire a que considero que pode ser a única esperanza de provocar un punto de inflexión para vergoñenta política española: o 'Efecto Gallardón'. Teño unhas ganas tolas por saber o que fará este home a partir de mañá. Ao principio pensaba que, xa que ao núcleo duro do PP non lle interesa, de momento, que emerxa a "dereita democrática" e moderada que di representar Gallardón (palabras súas), dereita que, penso (ou quero pensar) é a que maioritariamente queren os propios militantes do partido e a xente que os vota. Pensei que se Gallardón deixaba o partido e fundaba outro pola súa conta, podería provocar un auténtico cisma no PP: dereita moderada por un lado (con Gallardón e, sospeito, un tal Lasalle ou algo así ) e a máis radical e fundamentalista polo outro (Aznar, Aguirre, Acebes, Zaplana... Rouco Varela, Jiménez Losantos...). Iso si que faría moito ben para a nosa democracia. Pero aínda mellor sería que tamén provocara unha esgazadura, inda que non fose tan importante, dentro do PSOE, onde sempre viron a Gallardón con bos ollos. Xurdiría así, por fin, unha forza política de verdadeiro centro, tan necesaria para este país, visto o visto? Vaite ti saber: "Spain is different".
Bo día.
Alégrome de pasar por akí.
Xa vexo ke votaches.
Eu tamén.
Penso ke temos ke votar todos.
Foi tan difícil para a muller conseguir o dereito ó voto...
Despois a dictadura...
Temos ke votar.
Alégrome de leerte.
Espero ke estés ben.
Se me paso comentarte que l 29 me llamaron para sustituir..y desde el pasado lunes 3 de mrzo hasta el miercoles 12 estoy no ceip nosa señora dos remedios en ponteareas!!!me encanta el centro y el ambiente q hay entre el profesorado y sobre to me encantan mis niños!!bueno, ya te comentare!!